NOVAS DESTACADAS
COMEZAN OS ADESTRAMENTOS
COMPOSTELA CUP 2008
III CAMPEONATO FUTBOL BASE O CONDADO 2008.
Videos de O CONDADO en Youtube
CIRCULARES DESTACADAS
II TORNEO FUTBOL-7. T. CASTIÑEIRA, Coruxo F.C.
III CAMPEONATO FUTBOL BASE O CONDADO 2008.
Copa do Futuro Deputación de Pontevedra. 2008
BENJAMINES Campeón de Liga,2007/2008.

Fundada no ano 2002, a Asociación Deportiva O Condado desenvolve a súa actividade fomentando a práctica do fútbol entre os nenos e as nenas da bisbarra.

Situada nas instalacións do campo de fútbol de Angoares (Ponteareas), contamos na actualidade cunha escola de futbol que comprende equipos de categoría Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, e con equipos de categorías Xuvenil e Afeccionado, ademais dunha sección de fútbol feminino, Están comprendidos dentro da
Asociación Deportiva O Condado F.C. 15 equipos e algo máis de 280 futbolistas.

Na escola de futbol teñen cabida todos os nenos e nenas a partir dos 4 anos.

Os tres ascensos de categoría, acadados a tempada pasada, e o incremento de equipos e xogadores que vén aumentando constantemente, avalan o excelente traballo realizado ao longo destes anos polos técnicos e directivos desta Asociación.

Ademais da práctica do fútbol, na
Asociación Deportiva o Condado F.C. tratamos de fomentar os valores persoais que deben estar presentes en todos os rapaces e aplicalos na súa vida persoal e deportiva. As habituais actividades paralelas que se organizan neste sentido veñen confirmar a importancia que dentro desta Asociación se lle dá á formación dos nenos e nenas como futbolistas pero, sobre todo, como persoas.

Se vives na bisbarra do Condado e vives o fútbol.

¡VÉN E COÑÉCENOS!

Asociación Deportiva O Condado, Reveriano Soutullo, 3 - 3º A - 36860 Ponteareas - Telf. 986 642 390