NOVAS DESTACADAS
PRESENTACIÓN DE TEMPORADA 2010/11 O CONDADO F.C.
CONVENIO O CONDADO-JUVENIL
TORNEO LISBOA. BICAMPEONES!!!!
TORNEO INTERNACIONAL CIDADE DE COIMBRA
CIRCULARES DESTACADAS
CALENDARIOS DE LIGA 2010/11
HORARIOS DE ENTRENAMIENTO 2010/11
CAMPUS DE VERANO 2010.
FESTA FIN DE TEMPORADA
CONVENIO O CONDADO-JUVENIL
[08/07/2010]


*Facer Clic para Ampliar
Conocedores da importancia de aunar esforzos para potenciar o futbol Pontearean, a ASOC. DEP. O CONDADO e a S.D. JUVENIL chegaron a un acordo polo que se suscribe un convenio de colaboración mediante o cual O CONDADO traballará o futbol base hasta a categoría de CADETES e o futbol FEMENINO, renunciando as restantes categorías, e a S.D. JUVENIL, traballará a partir da categoría de XUVENILES, renunciando as demais categorías.

Para esta vindeira tempada, a S.D. JUVENIL, conformará dous equipos de categoría Xuvenil que militarán un na primeira autonómica e outro na segunda autonómica, e un equipo de Afeccionados que militará na segunda rexional. Estes equipos estarán integrados por xogadores procedentes das duas entidades.

Tanto a ASOC. DEP. O CONDADO coma a S.D. JUVENIL, conservarán a sua autonomía coma entidades deportivas independentes. Con este convenio de colaboración, simplemente se pretende limar a diversidade de equipos existente no noso entorno, que en moitas ocasións mutila a posibilidade de progresar e provoca que xogadores procedentes da canteira Pontearean, teñan que buscar o seu horizonte lonxe das suas casas.

Partimos dunha filosofía común que nos permitirá manter unha linea de traballo uniforme, co único obxectivo de darlle continuidade aos xogadores procedentes da nosa canteira e deste xeito fomentar o desenrolo do futbol en Ponteareas.

Esperamos que vexades esta iniciativa con optimismo e que coa axuda de todos poidamos contribuir ao progreso do futbol local.
Ver Máis Fotos


*Hacer Click para Ampliar



*Hacer Click para Ampliar
Asociación Deportiva O Condado,Lugar Abelleira, Campo de Fútbol de Angoares - 36867 Ponteareas - FAX. 986 642 390