O pasado xoves día 24 de Maio, tivo lugar no salón de actos do Concello de Ponteareas, o acto protocolario da firma do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas, para a construcción dun campo de herba artificial en Angoares.
O acto contou coa presencia do Presidente da Deputación Sr. Rafael Louzán Abal, o Alcalde de Ponteareas, D. Salvador González Solla,o concelleiro delegado de Deportes Alberto Novoa Iglesias o Presidente da Asociación Deportiva O Condado, D. Juan Castro Rajo, e unha representación da Comunidade de Montes de Angoares.
Coa creación desta nova infraestructura, a Escola de Futbol O Condado, dará un importante salto de calidade, que contribuirá de forma determinante para mellorar as condicións nas que desenrola a sua actividade esta Escola de Futbol cara a un futuro inmediato.